II Milla Urbana Concello de Padr�n – Campeonato Gallego de Milla en RUTA 2012

O vindeiro domingo 6 de maio celebrarase na localidade de Padrón a II Milla Urbana Concello de Padrón que será a súa vez o Campionato Galego de Milla en Ruta 2012. Paralelamente celebraranse os campionatos galegos de 1 km en ruta das categorías benxamín, alevín e infantil. As probas darán comenzo ás 10:30 horas coa disputa da proba prebenxamín (fora dos campionatos galegos), para a continuación continuar coas probas benxamín-alevín e infantil.
En todas as probas ata a categoría xuvenil poderán participar atletas federados ou non (os non federados non poderán optar as medallas do campionato galego) conxuntamente. A partir da categoría junior e ata veteráns os atletas non federados terán unha milla popular masculina e outra femenina fora dos campionatos galegos. As inscirción dos atletas que compitan no campionato galego deberán ser relaizadas polo sistema de inscrición online da web www.atletismogalego.org ; os atletas que non tomen parte nos campionatos galegos poderán remitir as inscricións o correo deportes@concellodepadron.es indicando os datos requeridos no seguinteregulamento

Compartir: