Resultados

Comenzou ou Campionato de Espa�a de Clubes na Divisi�n de Honor e 1� Divisi�n

Contundente victoria para o Club Adas do Barco de Valdeorras. O equipo valdeorrés amosou un gran dominio nas distintas probas da competición. Os 214 puntos acadados foron suficientes para desprazar á segunda posición ao Real Club Celta de Atletismo (175 ptos), seguido da Universidade do País Vasco (165.5) e o Atletismo Narón pechando a clasificación deste encontro cun total de 134.5. puntos. (Resultados)

No trocante a xornada de Liga de 1º División disputada en Monterrei, donde tres equiposgalegos participaban neste encontro, salientar a victoria do Ourense Atletismo Academia Postal, que obtivo 236.5 puntos superando en 40 puntos ao Atletismo Feminino Celta (196.5 ptos) e rematando en terceira posición o San Fernando Lucus Caixa Rural Galega con 180 ptos. (Resultados)

División de Horna

Na xornada de onte disputada en Monterrei, impúxose a A.D. Maratón que xunto ca Universidade de Oviedo, desprazaron aos dous equipos galegos que tomaban parte nesta competición, Sociedade Gimnástica de Pontevedra e Ourense Atletismo Academia Postal , ata o 3º e 4º posto respectivamente. (Resultados)

No trocante á competición feminina, o Ría de Ferrol tampouco logrou acadar un bo posto no encontro seu disputado en Zaragoza, tendo que conformarse ca 4ª praza no seu encontro. (resultados) ( Ir a noticia completa)

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS:

DIVISON DE HONRA MASCULINA: Dous equipos galegos enfrontáronse nas Pistas Josefina Salgado de Ourense no encontro D, da División de Honra, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Ourense Academia Postal, xunto a eles completaban a participación o A.D Maratón e o Universidad de Oviedo. A priori os favoritos eran os madrileños que o ano pasado lograron o terceiro posto na final por diante da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. O día non acompañou aos atletas xa que durante a xornada de tarde houbo un tempo desapracible con frío e chuvia. Os dous clubs galegos víronse superados polos seus rivaís e de novo o 19 de maio terán que volver competir co obxectivo prioritario de asegurar a permanencia en División de Honra. Entre os resultados mais destacados queremos resaltar un novo record galego do atleta Victor Gallego que logrou un lanzamento de 16.89 na proba de peso, que lle valeu así mesmo para conseguir o segundo posto, e mellorar a seu mellor marca galega, este mesmo atleta vencería na proba de disco con 52.82. Por outro lado nos fosos víronse a dous dos nosos mellores atletas impoñerse nas probas de lonxitude e triplo salto, Jean Marie Okutu cun salto de 7.49 en salto de lonxitude, mentres que o atleta do Ourense Academia Postal José Alfonso Palomares vai progresando no sua posta a punto vencendo con 15.31 que o sitúa á fronte do ranking galego da especialidade. O duelo esperado entre Gustavo Dacal e Manuel Uriz non se fixo esperar xa que no seu primeiro lanzamento lograron 69.45 e 68.17 respectivamente o que lle valería a vitoria a Gustavo Dacal, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. O atleta galego, nas filas do A.D Maratón Isaac Vicente impúxose con autoridade na proba de martelo con 66.90, segundo foi Pablo Denis Sanromán con 60.52. Nos 200 m.l Jean Marie Okutu foi terceiro con 22.28 baixando os dous primeiros atletas de 22 segundos. Na proba dos 5 km marcha, Francisco Arcilla do Universidad de Oviedo marchou en solitario dende os primeiros metros por detrás un grupo de 5 atletas entre os que se encontraban José Fernández e Francisco José Duran, estes dous atletas lograron subir o ritmo no último quilómetro para entrar xuntos en liña de meta nos postos segundo e terceiro. Valente na proba dos 3000 m.l Manuel Hurtado que lograría unha marca de 8.21.67 sendo cuarto, os dous atletas da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Carlos Villamor e Gustavo Nieves foron sexto e sétimo respectivamente nunha carreira que dominou o atleta do Universidad de Oviedo Roberto Alaiz cunha marca de 8.04.23. Nos obstáculos cuarto posto para Nicolas Arrojo con 9.21.62 e quinto Álvaro de la Fuente con 9.22.56. Nos 100 m.l o mellor atleta galego seria Pablo Lado, que entrou quinto cunha marca de 11.49. Boa actuación na tarde do sábado para o atleta do Ourense Academia Postal Javier Fidalgo que nos 110 metros valos lograba igualar a marca conseguida o ano pasado en Málaga, 15.16, e que nesta ocasión lle permitiu entrar en cuarto lugar. Na proba do 4 x100 masculino tería unha papel protagonista ao realizar unha fantástica remontada que permitiría ao seu Club alzarse coa vitoria no relevo curto. A última proba en celebrarse foi o relevo 4 x 400 na que a Sociedade Gimnástica de Pontevedra seria segunda con 3.21.19 e terceiros os rapaces do Ourense Academia Postal con 3.21.54. En resumo vitoria neste encontro do A.D Maratón sendo terceiros a Sociedade Gimnástica con 156 puntos e cuartos o Ourense Academia Postal con 154.5

DIVISIÓN DE HONRA FEMININA: O Club Ria Ferrol desprazouse a Zaragoza para enfrontarse cos seguintes clubs: Playas de Castellón, Piélagos Inelecma e Simply Scorpio.71. Non tiveron unha boa actuación as rapazas do Ria Ferrol non podendo salvar o último posto do encontro. Non obstante houbo resultados destacados das atletas galegas. Sensacional unha vez máis Ana Peleteiro, que aínda que con vento favorable de +2.5 se impuxo no triplo salto cunha marca de 13.14, realizando dous saltos por enriba dos 13 metros o cal demostra o sensacional estado de forma no que se encontra nestas primeiras probas da tempada de aire libre. A súa compañeira de equipo, Iria Forján tamén rendeu a un bo nivel sendo segunda na proba de lonxitude cun salto de 5.60 con vento de +3.2, o cal dificultou os axustes no talonamento das atletas. Esperanza Caldas e Lidia Casal foron cuarta e quinta nos 400 m.l con 59.40 e 59.80 respectivamente. Nos 100 m.l a atleta xuvenil Laura Lama logrou unha marca de 13.30 proba na que venceu Dayanna Rivera do Club Ría Ferrol cunha marca de 11.92. Esta mesma atleta impoñeríase nos 200 m.l nos que tamén correu Candela Díaz que foi quinta con 26.36. As descualificacións na marcha e os saltos nulos na proba de pértega reduciron as posibilidades das atletas do Club Ría Ferrol. A atleta galega, do Club Playas de Castellón Belén Toimil gañaba a proba de lanzamento de peso con 14.25 mentres que Lidia Parada vencía na xavelina con 45.68, recordamos que esta atleta lanzou 46.13 a mediados de abril. Na proba de relevos as atletas do Ria Ferrol lograron no 4 x100 con Ana Peleteiro, entre as integrantes, a terceira posición con 50.72, mentres que as catro atletas galegas do 4 x400 foron cuartas con 4.05.83.

PRIMEIRA DIVISIÓN MASCULINA: A boa noticia para os Clubs galegos produciuse na mañá do domingo coa vitoria do Club A.D.A.S que se enfrontaba nas pistas de A Malata, en Ferrol, ao Real Club Celta de Vigo, ao Atletismo Narón e ao Universidad do Pais Vasco. Nos 100 m.l seria o atleta do Real Club Celta, Miguel Gómez o que lograría entrar segundo cun rexistro de 11.23. Nos 200 m.l boa actuación dos atletas representantes do Atletismo Narón, Rodrigo Avellaneda e Mauro Triana, que foron primeiro e segundo con 22.00 e 22.44. Segunda carreira da tempada de Enrique Prego en torno aos 50 segundos, nesta ocasión con 50.43 vencía na proba de 400 m.l sendo segundo David Álvarez con 51.16. A proba dos 800 m.l foi unha carreira táctica na que Ismael Costas se desenvolve con certa facilidade, demostrouno vencendo con 1.56.88. Nos 1500 m.l bos resultados para dous novos atletas galegos, Carlos Porto que foi segundo e Santiago García que foi terceiro nun apertado final. A proba dos 3000 m.l rompeuse dende o inicio, realizando o vencedor unha marca de 8.20.83, cuarto foi Ayoub Nagibi e quinto o atleta do Real Club Celta Pablo Regadas con 9.05.02. Nos 3000 metros obstáculos houbo un duelo interesante entre tres atletas galegos, Gilberto Álvarez, Juan Antonio Pousa e Gonzalo Basconcelos, vencendo o primeiro con 9.14.31. Nas probas de valos superioridade de dous homes, de David Gómez nos 110 con 14.96 e Samuel Paz nos 400 valos con 53.19. O atleta Olímpico do Real Club Celta tamén cun salto de 6.85 seria segundo no salto de lonxitude. Disputada a proba de salto con pértega na que o vencedor seria o atleta do A.D.A.S David Ferrer con 4.20 mesma altura franqueada polo segundo clasificado. Agás o lanzamento de xavelina no que venceu o atleta veterano Luis Nogueira cunha marca de 58.48, as vitorias nas probas de lanzamento de martelo e de peso foron para os homes do Real Club Celta: Nuno Martins con 58.67 e o peso para Fernando Paredes con 14.87. Nas probas de relevos a vitoria en 4 x100 foi para o A.D.A.S sendo descualificado o equipo do Real Club Celta. No relevo longo, 4 x 400 gañaron os homes do Atletismo Narón cunha marca de 3.25.55. En resumo neste encontro de primeira división vitoria para o club de Valdeorras, o A.D.A.S, segundo posto para o Real Club Celta de Vigo e cuarto posto para o Club Atletismo Narón.

PRIMEIRA DIVISION FEMININA: Ás 10 da mañá a néboa cubría as Pistas Josefina Salgado de Monterrei (Ourense) onde tres clubs galegos se enfrontarían neste encontro de primeira división tras a baixa do Club Atletismo Valladolid. A priori o favorito era o equipo local, o Ourense Academia Postal por diante do Atletismo Feminino Celta e o Lucus Caixa Rural que se presentaba neste encontro cun equipo novo en case todas as disciplinas. A protagonista da xornada foi a atleta Patricia Carballo que nunha sensacional carreira de 200 m.l volvía bater o record galego xuvenil que ela mesma posuía, o vento en contra non lle impediu parar o cronómetro en 25.54. Outra atleta do Lucus, Paula Ferreiros, nesta ocasión non competía en salto de altura, senón nos 400 m.l proba que vencía cun bo rexistro 57.84, sendo segunda Yuliana Velásquez do Ourense Academia Postal con 58.84 e terceira Laura García do Atletismo Femenino Celta con 59.51. Nos 400 metros valos as dúas atletas do Ourense Academia Postal lograron a primeira e segunda posición, Alba Fernández con 1.05.23 e a atleta xuvenil Aitana Leguiçano con 1.08.00. Nos valos curtos, sería a súa compañeira de equipo Antia Martínez a que vencería con 15.40. Nas probas de 800 metros lisos e 1500 metros lisos dúas mulleres demostraron a súa superioridade dende o primeiro metro, Iría Castro nos 800 ml con 2.17.44 e Leticia Fernández nos 1500 con 4.44.40. Algo similar sucedeu nos 5 quilómetros marcha con Lorena Luaces que só encontrou oposición nos primeiros quilómetros por parte de Rocio Carbia, Lorena entraría finalmente en solitario na meta cun rexistro de 24.31.01 mentres que Rocío Carbia facía 24.56.37. A atleta cadete do Lucus Caixa Rural Saleta Fernández cun salto de 1.60 vencía na proba de altura, mentres que Alicia Merino impondriase no salto de lonxitude con 4.96. Disputado foi o triplo salto no que Marta Lolo no seu último intento levaríase a vitoria con 11.46. Beatriz Viteri non encontrou oposición na proba de salto con pértega logrando superar o listón en 3.10. En canto aos lanzamentos destacamos a Lidia Fernández que gañaría a proba de disco con 37.05 ao igual que Noelia Ferradanes no martelo, mentres que Elena Estévez do Atletismo Femenino Celta en peso e a veterana atleta Emilia Mesa en xavelina serían segundas. Por último e para concluír a xornada axustada proba de 4 x100 entre o Lucus e o Ourense resultando vencedor este último con 52.10. No 4 x400 cómoda vitoria das rapazas do atletismo Feminino Celta cun tempo de 4.11.23. As onces vitorias individuais do Ourense Academia Postal permitíronlles vencer neste encontro con 236.5 puntos por diante do Atletsimo Femeno Celta e o Lucus Caixa Rural. A xornada atlética permitiu tamén a realización do exame do Panel B de saídas do comité Nacional cos xuíces Manuel Garrido e Saturnino Morales

Compartir: