Galicia é a
Comunidade Autónoma con máis equipos participantes no Campionato de España de Clubes 2012 que se celebrará o próximo fin de semana. O sábado 28 de Abril competirán en División de Honra o equipo
masculino do Ourense Academia Postal e da Sociedade Gimástica de Pontevedra, e o equipo feminino do Club Ria Ferrol. Nas pistas Josefina Salgado de Ourense veranse homes importantes do atletismo
galego como son Jean Marie Okutu, Victor Gallego, Manuel Uriz, Gustavo Dacal e José Alfonso Palomares. As rapazas do Ria Ferrol desprazaranse a Zaragoza cun equipo de calidade no que destacamos a
Iria Forjan, Ana Peleteiro, Lidia Casal, Esperanza Caldas ou Lidia Parada. En canto aos encontros de primeira división varios equipos galegos debutantes nesta competición. Nas Pistas da Malata
enfrontaranse o Real Club Celta, o A.D.A.S e o Afflelou Narón con probas de nivel coa participación de Rodrigo Avellaneda, David Gómez, Gonzalo Basconcelos e Samuel Paz entre outros. Por último en
Ourense, competirán o domingo tres equipos femininos galegos, o Atletismo Feminino Celta, o Ourense Academia Postal e o SF Lucus Caixa Rural, especial interese nas probas de 200 m.l con Patricia
Carballo, en 400 m.l con Paula Ferreiros, en 1500 con Leticia Fernández, en lonxitude con Leticia Gil e en triplo salto con Marta Lolo Más
información