Resultados

Presentada a 8� edici�n doCongreso Internacional de Ciencias do Deporte de Pontevedra

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da 8ª edición do Congreso Internacional de Ciencias do Deporte. O acto foi presidido polo Alcalde de Pontevedra D. Miguel Anxo Fernandez Lores, quen estivo acompañado do profesor e Director Xeral do Comité Organizador D. Víctor Arufe Giráldez. Ambos destacaron a gran importancia que supón este evento para Pontevedra e para todos os profesionais do Deporte. O congreso acollerá a 400 participantes procedentes de numerosos países, entre os que se atopan Puerto Rico, Haití, Colombia, Méjico, Brasil, Portugal, Venezuela, Bélgica, Ecuador, Chile e España. Están programadas un total de 12 conferencias e 12 cursos de especialización, algúns deles impartidos por persoas moi vinculadas ao atletismo, como é o caso do adestrador Mariano García-Verdugo que falará sobre o adestramento da resistencia en nenos e xóvenes deportistas ou a presenza do ex olímpico e presidente da FGA Isidoro Hornillos que abordará o adestramento da velocidade. Todos os adestradores afiliados á Escola Galega de Adestradores teñen un desconto na matrícula acolléndose ao perfil A, ademais de computarlle como actividade formativa dentro do PGTA. Salientar tamén a presenza do nutricionista do Comité Olímpico Español o Prof. Dr. Jesús Bernardo, quen impartirá unha ponencia sobre nutrición no deporte. O prazo de inscrición está abierto ata o 4 de maio, as mesmas poden facerse en www.congresodeporte.com

Compartir: