Resultados

Triste noticia para o atletismo galego, faleceu a xuiza María Estela Díeguez

No día de hoxe chegounos a triste noticia do falecemento da xuiza adscrita ao Comité Galego de Xuices desta federación, Dª. María Estela Diéguez Fernández.. Persoa vinculada ao atletismo dende fai moitos anos. Todos a lembraremos con moito afecto e admiramos a súa gran dedicación, entusiasmo e eficacia. Nosa consternación é paralela ao recoñecemento pola súa labor humana e deportiva. O presidente da Federación Galega de Atletismo, o Delegado da FGA en Ourense e toda a familia desta federación desexa enviarlle un forte abrazo para o seu marido, Alfonso; e as súas fillas, Estela e Mónica e neta Deborah. O funeral será hoxe en Ourense, ás 16:00 horas. Alí estaremos acompañando a súa familia e amigos.

Compartir: