Esta mañá tivo lugar en Madrid unha das maratóns de España que contan cun maior número de atletas. Ata alí desprazáronse varios atletas galegos, entre eles Elías Dominguez e Jose Antonio Ramallo, que remataron a proba no 12º e 13º posto respectivamente, sendo primeiro e segundo español. O duro circuito desta maratón no permitiu que os atletas galegos fixeran grandes marcas, pese a esta dificultade a súa actuación e os postos acadados foron o mais salientable da xornada.