San Narciso de Marin e Santiago Apostol repiten victoria en Xogando ao Atletismo

Este xoves 12 abril desputouse no Pavillón Universitario de Pontevedra a fase final Autonómica do Torneo XOGANDO AO ATLETISMO coa presenza dos colexios San Narciso de Marín, Santiago Apóstol de Soutomaior, Pablo VI-Fátima de A Rúa e Santa Eulalia de Dumbría. Ambos colexios presentaron equipos femininos e masculinos nas categorías Benxamín e Alevín, sendo nesta última os gañadores en homes e mulleres os que representarán a nosa Comunidade na fase final Nacional do Torneo, o 26 e 27 de Maio en Motril, Granada.
Os vencedores finais na categoría Alevín foron: en Mulleres, con máis de 30 ptos de diferenza, o San Narciso de Marín, que asistirá con esta, a súa 7ª vez á final Nacional; e no apartado masculino un apretado campionato viu como o colexio Santiago Apóstol de Soutomaior se facía coa victoria final sobre o Colexio Pablo VI-Fátima de A Rúa por tan só 0,5 ptos, cun apretado marcador de 61p. a 60,6p. Recordar que o Torneo consta de equipos de 5 nenos/as participantes, que teñen que realizar 5 probas: Lanzamento de Balón, Lanzamento de Xavelina branda, Doble Salto a pes xuntos, Saltos durante 20″ e unha carreira en lisos de 10×10 metros a conos; ao final os equipos completos deben realizar dous Relevos: 5 x 2 voltas lisos, e 5 x 1 volta obstáculos.
Unha boa xornada na mañá do xoves en Pontevedra, no Pavillón Universitario, que fixo ver os resultados do traballo realizado durante todo o curso destes equipos que se involucran dende hai anos no torneo que fomenta unha práctica diferente do Atletismo dunha maneira amena, motivante e competitiva; xa que se realiza en pavillóns cubertos e a mala climatoloxía non impide nunca a súa realización.

Compartir: