Recollida de dorsal para o Maratón Coruña 42 e Carreira Popular de 10 Km.

A partir de venres dis 13 ás 17,00 horas e o sabado dende as 10,00 ata as 21,30 inenterrupidamente, todos os inscritos no Maratón Coruña 42 e a carreira popular de 10 Km. en ruta poderán retirar o número e o chip, no Cortes Inglés, situado na Rúa Manuel Murguía s/n (Casa da Auga) (Zona Estadio de Riazor)
Tambien poderase recoller o número o mesmo dia da proba na Secretaría situado na Praza de Maria Pita de 7:30 a 8:00.
A organización agradece que de ser posible eviten a recollida o domingo para evitar aglomeracións antes do Maratón.

Duchas e WC portátiles

Informase a tódolos inscritos que tal como establece o regulamento do I Maratón A Coruña 42, a organización ten servicio de duchas nas inmediacións da Praza de Maria Pita, no Cuartel de Atocha, así como baños portátiles na saída e ao longo do circuito.

Listados de Atletas: 10 KM. – Maratón

Compartir: