Ata Jyvaskyla (Finlandia) desprazáronse numerosos atletas galegos para intentar obter un dos prezados metais deste campionato. Das 14 medallas acadadas polos atletas españois, 5 delas teñen propiedade galega. Soledad Castro (CSC) proclamouse campiona do Mundo en Media Maratón (F45), contribuíndo a que o equipo español subira ao podium en primeira posición. Pilar Iglesias (SFL) tamén proclamouse campiona do Mundo de 10 km marcha (F40) e María Jesús Sanguos (CSC) subcampiona do Mundo en 60 mv e record de España (F55). Asemade participaron outros galegos destacando o fantástico 4º posto de Basilio Bernardez do RCC que fixo un mellor salto en lonxitude de 6,33 m. e o seu compañeiro de equipo Antonio Fuertes tamén 4º na proba da Media Maratón (M50) cun rexistro de 1;17;27 e que contribuiu a que o equipo español de Media Maratón acadase a medalla de ouro. Noraboa para todos eles. Resultados