O maratón coruñés refórzase con actividades para todos os públicos

O primeiro maratón coruñés (único homologado en Galicia e campionato galego da distancia) A Coruña 42 Gran Premio El Corte Inglés, que se celebrará o 15 de abril (e cuxo prazo de inscrición vence este domingo) reforzarase con actividades paralelas para todos os públicos.
Ademais da carreira popular de dez quilómetros, celebrarase a Exporrunning na Casa da Auga. Será a feira do corredor onde se darán cita as grandes marcas deportivas que expoñerán os seus produtos relacionados co running. Tamén haberá charlas organizadas pola Federación Galega de atletismo.
Ao longo do percorrido distribuiranse actividades como o espazo de xogos de Coca Cola, a banda sinfónica de Mozos Adagio Cantabile, máster class de bike de Termaria, música itinerante dos Kilomberos e Batuki, bandas novas de pop rock, maratón de básquet co Básquet Coruña, maratón de voleibol co Club Voleibol Zalaeta, patinaxe en liña con Alquimia in Line e actividade física realizada por Supera.
.

Compartir: