O Concello de Padrón celebra o vindeiro sábado a tradicional carreira de Pascua

O vindeiro sábado disputarase na localidade de Padrón a 33 edición da Carreira Popular de Pascua, unha proba que xa é parte da tradición atlética da nosa comunidade. Este Concello está volcado co deporte do atletismo onde no mes de marzo xa se celebraron os 10 km homologados de Padrón e no mes de maio celebrarase o Campionato Galego de Milla en Ruta 2012. Agora é o turno da carreira de Pascua onde se celebrarán unha serie de carreiras adaptadas a cada categoría.
O prazo de inscrición rematará o vindeiro mércores 4 de abril ás 14 horas; as inscricións de adultos (de junior en adiante) poderán realizalas na web www.championchipnorte.com; o resto de categorías terán que remitir os seus datos o correo deportespadron@yahoo.es.
Regulamento”.

Compartir: