Campionato Galego de menores en pista cuberta

No Campionato Galego benxamín, alevin e infantil de pista cuberta habemos de resaltar por enriba dos resultados logrados polos atletas das categorías inferiores do atletismo galego a enorme participación de nenos e nenas, a implicación dos clubs no traballo de base e o apoio por parte do público ao longo das dúas xornadas, de mañá e tarde, que se celebrou no Pavillón dos Deportes de Riazor. Resultados (ir a noticia ampliada)
.Fotos

No Campionato Galego benxamín, alevin e infantil de pista cuberta habemos de resaltar por enriba dos resultados logrados polos atletas das categorías inferiores do atletismo galego a enorme participación de nenos e nenas, a implicación dos clubs no traballo de base e o apoio por parte do público ao longo das dúas xornadas, de mañá e tarde, que se celebrou no Pavillón dos Deportes de Riazor.
En categoría benxamín na proba de 50 metros lisos celebráronse varias semifinais para ver quenes eran os que pasaban á final, que se celebraría a última hora da mañá. Na primeira rolda entre as nenas destacaba unha atleta do ADAOR-Asociación Deportiva Atlética do Sil, Belen García que xunto coa atleta do Club Riazor Coruña, Lucia Conde parecían as favoritas para gañar a medalla de ouro. Os pronósticos se cumplirian e Belén Garcia lograría a vitoria con novo record galego 8.20. Esta mesma atleta vencería na proba de lonxitude con 3.47 que igualmente é novo record. Na proba masculina de 50 m.l disputáronse cinco semifinais onde o mellor rexistro foi para Iago Rodríguez do Club Ria Ferrol que a posteriori se convertiría con 8.04 no Campión Galego, disputado estivo o segundo e terceiro posto entre Amanuel García do Club Marineda Atlético e Román Pego da Asociación Atlética Deportiva Barbanza

Na proba de salto de altura novo record para Jacobo Diaz benxamín de primeiro ano con 1.05, segundo foi o seu compañeiro de equipo David García coa mesma marca e terceiro o atleta local Victor Sardiña con 1.00. Na altura feminina só tres participantes, logrando vencer, con marca persoal, Lucia Dopico con 1.00 metro. No peso vitoria sen discusión de Lope Quinteiro cun gran lanzamento de 7.22 que é novo record galego, o atleta do atletismo Vila de Cangas repite resultado xa que o ano pasado nesta mesma instalación tamén lograba a medalla de ouro. En mulleres, tres atletas por enriba dos cinco metros, Paula Piñon con novo record galego 5.68, Noa Lopez (5.19) e Antía Sestelo (5.10). Na lonxitude masculina Pablo Alonso arrebatoulle o ouro por só un centímetro a Román Pego no último salto con 3.42. As probas de 500 m.l foron das máis disputadas da xornada, realizándose dúas series nas que as medallas se dilucidaban por tempos. Gabriel Nuñez do Club Coruña Comarca e Lucia Portela, con novo record galego, (1.37.53) serían os vencedores. Nos 1000 metros lisos Lucia Varela do Club Franciscanos de Lugo con 3.46.30 lograba o mellor tempo, na proba masculina disputada carreira entre os atletas Zekarias Fernández e Andrés Picallo, logrando a vitoria o primeiro con 3.35.38 que é novo record galego.

Na categoría alevín de novo importante participación nas probas de velocidade. Nos 50 m.l gran rexistro de Olaia Gisela Becerril vencedora con 7.48 preto do record galego de Enma Lopez (7.40), na carreira masculina maior igualdade entre os tres primeiros, resultando vencedor o atleta do Club Franciscanos, Guzman Carril

Francisco Rodríguez do Colexio Santa Maria del Mar se convertiría no protagonista dos saltos horizontais ao vencer en ambos, en lonxitude chegaba cunha marca de 3.51 e logrou un mellor salto de 4.10 e en altura superou o listón en 1.23. No salto de altura feminino a mellor marca posuíaa Angela Pousada non obstante esta atleta tivo que conformarse coa medalla de prata xa que o ouro foi cun salto de 1.26 para Alesandra Campo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, nos rapaces vencería con 1.23 Francisco Rodríguez. Preto de bater o record galego da categoría estivo a atleta da Agrupación Viguesa de Atletismo Olaia Gisela Becerril que venceu cun salto de 4.29. No lanzamento de peso viuse un concurso disputado especialmente entre Laura Quintela (6.98), Nuria Villa (6.96) e Valeria Rodríguez (6.93) todas elas alevíns de primeiro ano. Na proba masculina o dominador foi o atleta do San Narciso Nicolás García con 9.79. Nas probas de 500 m.l e 1000 m.l de novo ampla participación, nos 1000 metros masculino duelo pola medalla de ouro entre os atletas Diego Martinez e Guillermo Lago resultando vencedor o primeiro cun rexistro de 3.30.26 nunha proba táctica. Lucia Lopez do Club Franciscanos realizou unha carreira en solitario na segunda das series para impoñerse cun rexistro sensacional de 3.25.81 que é novo record da categoría. Nos 500 m.l realizáronse tres series na proba feminina xa que eran un total de 35 atletas, a vendedora sairía da última das series cun tempo de 1.38.08, Claudia Fernández. O seu compañeiro de equipo Martin Darriba venceria a proba masculina con 1.31.60.

Os “maiores” deste Campionato eran os atletas da categoría infantil e foi Iria Rodríguez a que se convertería en protagonista ao vencer nos 1000 m.l cun rexistro de 3.01.8, novo record galego. Esta atleta viguesa residente en Tomiño pertence ao Club Atletismo Porriño e curiosamente é tamén posuidora de varios records galegos de Natación. Outras probas destacadas da xornada foron as vitorías de Iván Carnero, posuidor dende o ano pasada do record galego alevín, na proba de 1000 m.l. e 50 m.l con 7.12. Mirian Otero do Club Atletismo Narón vencía a proba feminina cun bo rexistro 7.17. Nos 50 valos masculinos realizáronse dúas semifinais, na final vencería o atleta do Club Atletismo Millaraio Nicolás Rodríguez cun tempo de 9.21 e en mulleres a vencedora foi Martina Paramos con 9.29.

Nos concursos de saltos dúas marcas destacadas en categoría feminina, por un lado en salto de lonxitude 4.62 para Paula Freiria e 1.42 en altura para Alba Pazos mellorando a súa marca persoal. Nas probas masculinas dominio dos atletas da Agrupación Deportiva Barbanza, Pablo Rial e Antón Fernández, que venceron en salto de altura e salto de lonxitude respectivamente. No lanzamento de peso os novos Campións Galegos son Samuel Alonso con 9.35 e Mencia Pena con 7.64. Nos 500 m.l Pablo Rial volvería subir ao podio xa que cun tempo de 1.23.40 lograba alzarse co ouro, na proba feminina axustada vitoria de Andrea Pais con 1.29.66 que vencia a segunda das series, medalla de prata sería Judit García del Ria Ferrol con 1.30.42 e o bronce para a vencedora da primeira serie Laura González con 1.30.86. Escasa participación na proba de salto con pértega na que Alba Pazos con 2.12 gañana a proba, no triplo salto realizouse unha proba conxunta resultando vencedores Carlota Novoa (9.88) e Ignacio Arnott (9.19). A última proba do Campionato Galego sería os 2000 m.l sendo os vencedores Lucia Suarez con 7.33.07 e na proba masculina superioridade do atleta da Sociedade Atlética Val Miñor Lorenzo González cun tempo de 6.27.

En resumo queremos destacar por enriba dos resultados e os records a ampla participación neste Campionato e a implicación por parte dos Clubs. Conclúese así a tempada de pista cuberta co Campionato das categorías inferiores do noso atletismo.

Compartir: