Xinzo de Limia acolleu a preto de 500 atletas na 5ª Edición dos 10 Km.

Preto de 500 atletas déronse cita o pasado domingo en Xinzo de Limia, para celebrar a 5ª edición dos 10 Qms. Vila de Xinzo de Limia.As condicións meteorolóxicas non foron ás mais favorables, e restaron participación, sobre todo nas carreiras escolares. Aínda así, a participación foi máis que aceptable e puideronse celebrar as catro carreiras programadas antes de que a choiva fixera acto de presencia. Na primeria das carreiras, celebrada ás 10:30 h, Iván Gómez e Miriam Opazo foron os campeóns cadetes e Ziat Nagihi Lucia Suárez os campeons infantís. Ás 10:50 h, deuse a saída da carreira benxamín e alevín, que tiveron que percorrer unha distancia de 1.500 metros. Nesta proba Iris Castro e Manuel Prieto gañaron na categoría alevín, mentres que Andrea Opazo e Hugo Novoa o fixeron na benxamín. Foron 350 atletas absolutos os que conseguiron rematar a proba no circuito homologado de Xinzo, no que vivimos un gran man a man entre o primeiro clasificado Jorge Crespo (0:33:11) e o segundo Jose Antonio Requejo (0:33:47), seguidos por Rubén Diz (0:34:20). Na categoría femenina o podium estivo formado por Sonia Teijeiro (0:41:37), Silvia Teijeiro (0:42:19) e Noelia Fernández (0:44:00) Xa para rematar, celebrouse a carreira de Pitufos, para os nados no ano 2005 e posteriores. Esta carreira contou con unha numerosa participación a pesares da climatoloxía, que ía empeorando co paso dos minutos, pois nada menos que 57 pequenos atletas acadaron cadansúa medalla. No apartado de atletas locais masculinos, Rubén Diz, Miguel A. Díaz e Roy Gonzalez subiron o podium, mentres que Fátima González, Aurora López e Mariela Carrera completaron o femenino. A organización tamén repartiu trofeos para o atleta mais veterán (Manuel Fernández Ledo) e a atleta mais nova (Daniela Hugueros) Eiquí podedes consultar as clasificacións absolutas e escolares (Crónica Asociación Deportiva Limiactiva)

Compartir: