Andrés Díaz recibiu unha calurosa homenaxe no INEF Galicia

A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña está a conmemorar o seu 25 aniversario con diversas actividades programadas. Unha delas foi a homenaxe que se lle fixo a Andrés Díaz, o pasado mércores 21 de marzo. Andrés cursou os seus estudos neste centro, coñecido popularmente como INEF Galicia. O acto pretendeu recordar o seu record de Europa de 1500 m.l. de pista cuberta, batido no ano 1999 en 3.33.32. Para elo convidouse aos alumnos da facultade a que percorreran un relevo de 5×300 metros para comprobar a gran dificultade que contén facer unha media de 42 segundos en cada parcial. Finalmente o rexistro feito foi inferior ao actual record do mundo. Andrés Díaz, mais tarde, recibiu a felicitación do Decano da Facultade, D. Rafael Martín Acero, que estivo acompañado polo presidente da FGA, D. Isidoro Hornillos Baz e numerosos alumnos da facultade.

Compartir: