Superados os 1150 atletas preinscritos para a I Maratón A Coruña 42

O movemento popular extendouse plenamente pola cidade herculina. Fai uns meses o Concello da Coruña e a FGA anunciaban a celebración dunha tímida proba que cumpliría o desexo de máis dun atleta galego e que quizá congregase a 100, 200 ou 300 participantes. Hoxe, cando ainda falta mais dun mes para a celebración da proba rexístranse 1150 atletas preinscritos!, o que sen dúbida algunha e xa un éxito deportivo. A maratón proba que goza dunha gran recoñecemento nos Xogos Olímpicos e que data do ano 490 antes de Cristo, está a ser tema de conversación de moitos galegos e resto de atletas doutras comunidades. Numerosas empresas están amosando o seu interese en arropar a esta proba pioneira na Coruña.

E ti… ainda non te decidiches? Que non cho conten e disfruta das sensacións de percorrer 42.195 metros arroupado por centos de espectadores nun circuito íntegramente urbano. (INSCRÍBETE AQUI)

Compartir: