A FGA crea un novo servicio integral para os organizadores de carreiras populares

Ligazón A FGA xa dispón dun novo servizo para os organizadores de carreiras populares, que axudará e facilitará a infraestructura necesaria para organizar unha carreira popular. Trátase dun servizo integral e económico. Inclúese neste servizo o sistema de cronometraxe por chips. O documento xa obtivo en días pasados o visto bo dos membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada desta federación. A adquisición deste sistema de chips por parte da FGA era unha demanda existente no atletismo galego, inclusive foi unha proposta presentada por parte de clubes galegos na pasada Asemblea Xeral. Este sistema de chips adquirido pola FGA xa foi utilizado en dúas importantes competicións, no Campionato Galego de campo a través escolar celebrado recentemente en Portas (Pontevedra) e no Campionato de España de campo a través escolar e Universitario, tendo un 100% de eficacia nas lecturas, e por tanto está en condicións de ofrecer un servizo importante aos organizadores de carreiras populares que opten por un sistema de chips económico e eficaz. Na Circular 23-2012 está toda a información relativa aos productos que se poden contratar a un prezo moi especial, grazas aos convenios realizados pola FGA con distintas empresas e que sen dúbida algunha serán de gran atractivo para os organizadores. Mais información

Compartir: