O domingo 25 de marzo ás 10.30 da mañá darase a saída a unha das probas con nome propio no calendario galego: XIII Media Maratón Gran Bahia Vig Bay. Máis de 4000 atletas colocaranse na liña de
saída situada na Avenida de Samil co obxetivo de cruzar a meta en Baiona. Ademais de numerosos atletas populares destacamos entre os inscritos un gran número, como en edicións pasadas, de atletas
portugueses. Un nome propio, Hassan Leikhili vencedor o ano pasado por diante de Pedro Nimo, ambos os dous atletas volverán a verse nesta edición. Outros nomes destacados son Elias Domínguez, Bruno
Soares, Daniel Bargiella ou Akka Essadaoui. Na carreira feminina a igualdade parece que será a detonante nunha proba sen unha clara favorita de novo as atletas lusas estarán pelexando por os
primeiros postos Regulamento