Resultados

Gustavo Nieves: Campeón de España de Inverno de Federacións Autonómicas do CPE

Na mañá de hoxe domingo, ás 10.00am, desputouse o Campionato de España de Inverno de Federacións Autonómicas do CPE (Comité Paralimpico Español) e da FEDC, en San Javier – Murcia. Sendo o atleta da SGP, Gustavo Nieves, o campión da proba de 5.000ml, correndo en solitario dende o principio, parando o crono en 14.47″11, deste xeito asegúrase estar presente nos Xogos Paralímpicos de Londres.
A próxima cita importante de Gustavo, será o campionato de Europa IBSA, a celebrar en Belgrado, do 20 ao 28 de Abril. De esta maneira comeza o atleta entrenado por Pablo Díaz, a súas competicións preparatorias para á cita Olímpica Londinense. Estará presente nos 5.000ml e si consigue a marca mínima tamén podería estar nos 1.500ml.

Compartir: