Alejandro Fernandez e Soledad Castro: Campeones Gallegos de 10.000 metros. Espectacular carreira do xoven atleta ourensá.

A Vila de Noia albergou unha vez mais o Campionato Galego Júnior, Promesa e Absoluto de 10.000 metros xunto cun control de marcas con amplo número de atletas das categorías inferiores. O vento e a chuvia convertéronse en protagonistas da xornada, a pesar diso lográronse resultados importantes e houbo probas de grande atractivo especialmente os 10000 metros, donde Alejandro Fernández realizou unha gran exhibición do seu estado de forma acadando un importante rexistro.

Na proba feminina do Campionato Galego de 10000, escasa participación con tan só 5 atletas, entre elas Soledad Castro que o ano pasado nesta mesma pista había logrado o subcampionato galego por detrás de Erea Rodríguez. No momento de darse a saída a chuvia deu unha tregua ás participantes non así o vento que soprou con intensidade durante toda a mañá. Dende as dúas primeiras voltas, Soledad Castro e a atleta júnior Raja Rizki distanciáronse das suas rivais, sendo no quilómetro dous cando Soledad decide aumentar o ritmo para marchar soa. Por detrás Raja Rizki foi cedendo metros a medida que a primeira atleta ía marcando ritmos por debaixo de 3.50. En terceiro e cuarto posto Patricia González e Sandra Sobreira, atleta júnior do Club Atletismo Porriño, que dende o quilometro dous ata aproximadamente o quilometro 8 realizaron a carreira xuntas. A bastante distancia lles seguia a atleta Eva Teijeiro. Soledad Castro pasaba o ecuador da proba en 19 minutos dobrando a todas as participantes salvo a Raja Rizki. Por detrás non é ata o quilometro 8 cando Sandra Sobreira logra descolgar a Patricia González realizando ambas as cinco últimas voltas en solitario. Finalmente as posicións non variarían, Soledad de novo dobra a Raja Rizki cando lle faltaba pouco máis dun quilómetro para finalizar a proba. O podio final sería primeira posición para Soledad Castro con 37.50.8, marca similar á conseguida o ano pasado, seguida de Raja Rizki que seria a primeira atleta júnior con 42.18.9 e terceira a súa compañeira de equipo Sandra Sobreira.
Cun mínimo atraso de cinco minutos por problemas técnicos deuse a saída á proba masculina na que xa no quentamento entre os favoritos se palpaba un ambiente de compañeirismo que se vería reflectido na carreira. Pedro Nimo, inmerso na preparación do Maratón que disputará o 15 de abril en París, quixo realizar un adestramento de calidade e ao mesmo tempo axudar aos seus compañeiros Alejandro Fernandez del Ourense Academia Postal e Carlos Villamor da Sociedad Gimnastica de Pontevedra. Coa ausencia de Hassan Lekhili deuse a saída a unha proba con dieciseis participantes. Dende o primeiro quilómetro o compostelano Pedro Nimo marcou, a pesar do vento e a humidade, un ritmo de 2.57-2.58, seguido de Carlos Villamor e Alejandro Fernández, por detrás dous atletas Alvaro de La Fuente e Ivan Docampo e a certa distancia un grupo de tres: Fernando Pérez, Jose Manuel Fernández e Manuel Martinez. Ao paso polo 5000, por debaixo de 15 minutos, os postos de cabeza non varían, Nimo continua marcando os ritmos seguido de Carlos Villamor e Alejandro Fernández, cincocentos metros despois o atleta do Ourense Academia Postal pasa a Villamor. A sorpresa salta aproximadamente a falta de nove voltas cando Carlos Villamor se retira da proba, Nimo tras cumprir o seu papel fai os mesmo no quilómetro 7 co que Alejandro Fernández se queda só na cabeza, por detrás también prodúcense algúns abandonos. Finalmente a vitoria seria para o atleta internacional Alejandro Fernández que cunha marca de 29.48.8 demostra que volve estar entre os mellores fondistas galegos como xa o fixo no Campionato Galego de Cross e en Gijón no Campionato de España de campo a través. En segundo lugar entraría Alvaro de la Fuente con 31.46.3 e o terceiro posto da proba decidiuse no ultimo metro sendo Manuel Martinez o seguinte atleta en cruzar a meta xunto con Alejandro Cid. A vitoria na categoría júnior sería para Alejandro Alvarez del Comesaña Sporting Club e o Campionato Promesa levaríaseo o xa citado Manuel Martinez de la Sociedad Gimnastica de Pontevedra.
En canto ao control de marcas destacamos a ampla participación dos atletas da Asociación Atletica do Barbanza xunto cos dos equipos locais, Club Atletismo Elite Noia e Club Atletismo Noia así como os do Club Atlética Silva. A proba con maior numero de atletas foi a lonxitude feminina con 30 atletas, resultando vencedora Carlota Novoa, infantil de primeiro ano que logrou un salto de 4.07. Bo resultado tambien na xabalina masculina para Martin Liste que estrea categoría lanzando 52.40.
Por segundo ano consecutivo Noia albergou o Campionato Galego de 10000 no que destacamos un novo titulo para Soledad Castro e a definitiva recuperación de Alejandro Fernández para o atletismo galego e nacional.

Resultados

Compartir: