O atleta galego Guti González do ADAS estará presente novamente na gran pantalla

Desta vez non anunciamos unha participación dun atleta nun campionato retransmitido pola televisión, senón que trátase do famoso programa “Tú si que vales” no cal participará novamente o atleta valdeorrés Agustín González. Lembremos que este atleta xa participou na anterior edición cun excelente número de malabarismo. Este número foi tamén presentado na Gala do Atletismo Galego do ano 2010, tendo un gran recoñecemento por parte de tódolos asistentes da mesma. Nesta ocasión, terá como xurado a Risto Mejide. Este martes a partir das 22:00 horas en Telecinco poderemos ollar este fantástico número a cargo dun dos nosos atletas. Desexamoslle moita sorte!

Compartir: