Campionato de España Cadete en pista cuberta

Este fin de semana unha vintena de atletas galegos desprazáronse a Oviedo a disputar o Campionato de España Cadete de Pista Cuberta. En categoría feminina destacamos a participación de Iria Forjan que competirá en 60 m.l e en lonxitude, proba na que encabeza o ranking nacional. Esperada é a actuación de Saleta Fernández na altura onde previsiblemente pelexará polas medallas. En categoría masculina importante participación galega nas probas de 600 m.l e 3000 m.l con algúns dos integrantes da selección galega de cross. Atletas inscritos

Compartir: