O vindeiro 21 de marzo a Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña (INEF Galicia) celebrará o record de Europa Indoor de 1500 m.l. que estableceu un dos seus estudantes, Andrés Díaz (3:33:32). Os alumnos da facultade están convidados a facer equipos de 5×300 metros para intentar rebaixar este rexistro e valorar a gran dificultade que entraña facer este record. O acto celebrarase nas pistas de Bastiagueiro ás 12 da mañá con entrada libre para todas as persoas que desexen presenciar este importante acto.