A RFEA publicou o listado de atletas seleccionados para participar na Copa de Europa de lanzamentos. Neste selecto grupo de atletas, está incluído o lanzador galego Borja Barbeito, quen engadirá ao seu curriculum un novo encontro de carácter internacional. Por outro lado, a xoven fondista Carmela Cardama foi seleccionada pola RFEA para participar no Campionato do Mundo ISF a celebrar en Malta, na última semana deste mes. Noraboa!