Tal como esperábase, os lanzadores galegos cultivaron unhas cantas medallas no
Campionato de España de lanzamentos longos disputado en Aguias o pasado sábado.
A primeira prata chegou con Isaac Vicente, que con 67.86m fixo a súa mellor marca da tempada, a un nivel semellante ao do ano pasado por estas datas, só superado por Javier Cienfuegos, 72.75m.
O pontevedrés Víctor Gallego conseguiu a súa primeira medalla nun absoluto, ao lanzar o disco a 53.23 metros, nun concurso no que todos os seus intentos superaron os 50m, proclamándose subcampión
de inverno.
A terceira prata chegou para o atleta promesa Borja Barbeito cun mellor lanzamento de xavelina de 68.04m, demostrando que este ano vai estar entre os mellores. Compartiu podio con dous habituais
das pistas galegas, Jesús Crossa e Jose Lagunes. Manuel Uriz foi 5º, con 65.23m e José Manuel Vila, 7º, 64.21m.
Non tivo sorte Gustavo Dacal, xa que condicionado polas súas dous primeiros intentos nulos, realizou un único válido de 60.82m que non bastou para pasar á mellora.
En martelo, Pablo Denís acabou sexto, 62.17m e Cristobal Almudí 8º, 60.21m ; Sara Arosa foi décima con 45.53m. Resultados