Resultados

Campionato de España Júnior: Ouro para Belen Toimil en peso e bronce para Paula Ferreiros en Altura

Dúas medallas foron as logradas pola representación galega que disputou o Campionato de España Júnior celebrado o pasado fin de semana en San Sebastián.
Belén Toimil fixo bos todos os pronosticos e alzouse co titulo na proba de peso.Belén gaño o concurso no último lanzamento, no que conseguiu 14,72 metros.
A galega esta nun gran momento de forma e ten o seu punto culminante no nacional absoluto onde logrou unha marca de 15,14 metros, que actualmente a mellor marca galega júnior e sub.23.
Tamén subiu ao podio a lucense do Lucus Paula Ferreiros na proba de altura, que fixo un gran concurso ata o 1,68, altura que superou a primeira. Non puido con 1,71 e rematou quedandose coa medalla de bronce.
Polo que respecta aos demais galegos a súa actuación foi: Carlos Porto, Sergio Piñón e Sergio Rodríguez tomaron parte nas semifinais de 1500; Carlos Moro non puido meterse na final de 60 valos, facendo un mellor rexistro de 8.42 e 23.12 en 200; Luis Gonzalez Diz, en peso con 14,43 metros e cuarta posición na final, sendo Antonio Molina 13º con 12,88 ;Ana Solla, logro a 11ª praza en altura con 1,54 e Iván Rodriguez en lonxitude logrou un rexistro de 6,99 que o levou á quinta praza en lonxitude.
En combinadas interveu Alicia Merino en combinadas, logrando a novena praza cunha puntuación final de 2954 puntos

Compartir: