Resultados

Campionato de España de campo a través en idade escolar e universitaria na Coruña

Ligazón O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, resaltou que a celebración do Campionato de España de campo a través en idade escolar e universitaria na cidade da Coruña constitúe “unha das principais actividades” no calendario deportivo galego deste ano, así como unha “recompensa” ao programa da Xunta de Galicia de deporte en idade escolar.
Durante a presentación do Campionato de España de campo a través en idade escolar e universitaria, que terá lugar entre os días 10 e 11 de marzo na cidade herculina, Lete Lasa remarcou que a modalidade protagonista desta cita, o campo a través, “é tamén a modalidade estrela do noso programa de deporte en idade escolar”, o programa Xogade, que, cunha participación global e aínda non cerrada de 45.000 escolares, acada nesta modalidade os 16.000 nenos e nenas participantes.
O escenario das probas será a ampla zona de terra e herba que rodea a Torre de Hércules. Os deportistas e técnicos contarán, ademais, coas instalacións colindantes da Cidade Deportiva A Torre, onde se situarán as zoas de quencemento, os vestiarios e a sala de acreditacións.
As seleccións participantes achegaranse á Coruña o sábado, 10 de marzo, para as acreditacións e o recoñecemento do circuíto e ao longo da mañá do domingo, día 11, disputaranse as catro carreiras correspondentes ao Campionato de España escolar, xunto coas dúas carreiras do Campionato de España universitario. Mais información

Cross Popular menores A Torre
Ademais, a Secretaría Xeral Para o Deporte, coa colaboración do Concello da Coruña, a Deputación Provincial e a Federación Galega de Atletismo, organiza unha Carreira Popular Escolar para categorías inferiores (benxamín, alevín e infantil) como acto de promoción deste deporte. Esta carreira terá lugar nas proximidades do circuíto este sábado, ás 16,30 horas Resultados

Compartir: