Na mañá do pasado sábado 3 de Marzo, os clubs Marineda Atlético e Riazor
Coruña organizaron conxuntamente a I Xornada circuíto Marineda-Riazor. “TROFEO JOSÉ ANTONIO BASTOS”.
Máis de 300 atletas déronse cita nas pistas de atletismo de Elviña para participar nas distintas probas e renderlle así unha merecida homenaxe á que fose un dos xuíces de atletismo máis
representativos da cidade. Case vinte anos pasaron dende que José Antonio Bastos lograse o seu maior éxito como xuíz, asistir como tal a uns Xogos Olímpicos. Foi en Barcelona 1992 e o pasado sábado
puido rememorar vellos tempos, gozando dunha atractiva matinal atlética
Houbo probas tanto para pequenos como para maiores, cun 50 metros valos prebenxamín (nenos de 4 e 5 anos) que fixo as delicias do público.
No que respecta a resultados, hai que destacar, en categoría feminina á atleta do Ría de Ferrol, Claudia Rojo, que conseguiu tres vitorias ao longo da mañá ( 60 m. lisos, 60 m, valos e o 600 m).
Mentres que en categoría masculina Carlos Moro, do Riazor Coruña, demostrou o seu grande estado de forma e conseguiu a vitoria nos 300 m. lisos e os 60 m valos.
Tambien destacar a participacion de Iria Forjan en salto de lonxitude.