En Gijón disputouse esta mañá o Campionato de España de campo a través. Maila que o día amaneceu con nubes e sol, pouco durou esta boa climatoloxía e en cuestión de trinta minutos levantouse un forte vento e comezou a chover de forma continuada. Os atletas veteranos procedentes de numerosos clubes galegos que participaron no nacional foron os maiores beneficiarios do bo tempo e dun excelente circuito de campo a través. Estes atletas acadaron numerosas medallas. Pouco a pouco o campo verde íase transformando en barro, ata chegar as carreiras de promesas e seniors, momento no cal a choiva empeorou todo o circuito e podíase de falar de campo a través en maiúsculas.
Erea Rodriguez non poido participar na categoría senior feminina ao atoparse cun forte estado febril. Solange Pereira sería a primera galega en atravesar a liña de meta e outorgar así a Galicia 12 puntos correspondentes ao seu excelente posto acadado na carreira senior feminina, seguida de Yolanda Gutierrez (39), María Jesús Gestido (50) e un excelente papel de Raquel Pedrosa que cerraba o equipo galego no 53º lugar. Finalmente Galicia quedaría en 11ª posición por comunidades. Na carreira senior masculina, brillante actuación dos galegos, especialmente Pedro Nimo, gran protagonista deste campionato. O compostelano correu en todo momento cun excelente nivel técnico e motivación, este dous ingredentes foron suficientes para que rematase na 6ª praza, a tan só un segudo do 5º clasificado Ricardo Serrano e a 4 segundos do 4º clasificado Abdeladi El Mouaziz.. Tamén bo papel de Hassan Leikili, que maila que a choiva non foi do seu gusto, asumiu a gran responsabilidade de representar a Galicia e rematou a proba nun excelente posto (27), o equipo galego estivo tamén representado por Alejandro Fernández (41º), que trala súa volta á competición amosou que sigue sendo un excelente atleta de fondo, Carlos Villamor (63), Juan Pena (71), Daniel Bargiela (86) e Alvaro de la Fuente (87), finalmente Galicia sería 6ª con 294 puntos. Como nota negativa desta carreira foi a retirada de Lolo Penas, que tras uns días nun estado non favorable para o rendemento deportivo, quiso aínda así, estar ca selección e intentar facelo o mellor posible, por iso dende a FGA agradecemos esta esforzo e dende aquí desexamos a pronta recuperación deste importante atleta galego.
Nas carreiras promesas, masculina e feminina, salientar a actuación de Esther Navarrete, décima clasificada e primeira atleta galega da selección e Samuel Rodríguez, clasificado no posto 50º sendo o primer atleta galego desta selección masculina. Este posto e o do resto dos integrantes do equipo promesa masculino desprazaron a Galicia a un discreto 13º posto. Sen embargo o equipo feminino acaparou o 6ª lugar, grazas á contribución do resto das integrantes da selección.
No trocante as carreiras juniors, Galicia rematou en 8º posición en categoría feminino, cunha fantástica actuación da atleta do Val Miñor, Jenny Fernández, e en masculino salientar a actuación do internacional Gonzalo Basconcelo, que finalizou a carreira en 12º posición, excelente posto para este xoven atleta, sendo Galicia 9ª por comunidades.
En xeral, disfrutouse dun bo ambiente deportivo e dunha importante disciplina e normas de convivencias entre os atletas galegos seleccionados, que amosaron en todo momento un comportamento deportivo e extradeportivo digno de admirar.
Os veteráns galegos acadan 7 medallas en Asturias
Dada a proximidade do evento ca nosa comunidade, foron moitos os atletas veteráns galegos que se animaron a participar no Campionato de España de veteráns de campo a través, disputándose estas probas antes do horario das carreiras junior, promesa e seniors. En total os nosos experimentados atletas acadaron un botín de 7 medallas. Esther Pedrosa impúxose con autoridade na categoría W-50 acadando o ouro, Fernando Porto e Xosé Luis Otero Cepeda, serían tamén gañadores das súas respectivas categorías, M-55 e M-60, as pratas foron parar nas mans de Antonio Cabana (M-70) e Manuel Rosales (M-75) e María C. Novo obtivo a medalla de bronce na categoría W-55, este mesmo metal foi acadado por Francisca Romasanta en W-60. En total, 3 ouros, 2 pratas e 2 bronces para os galegos. Noraboa para estes campións!