Resultados

Fantastico: Galicia acada tres dos catro Titulos de Seleccions e catro medallas individuais no Campionato de España re Marcha

Ultima Hora: En Pontevedra disputouse este domingo o Campionato de España de marcha en ruta, onde os marchadores tiveron unha magnifica actuación.
A Selección galega conseguiu os oros en xuvenil-júnior feminino e en cadetes en ambos os dous sexos e bronce xuvenil-júnior en masculino.
A nivel individual Lorena Luaces entrou en cuarta posición, logrando minima olimpica, (nova mellor marca galega 1.31.50), segunda posición e prata para os cadetes Daniel Chamosa e Carmen Escariz del Cuntis e bronces para Mar Chillón do Vila de Cangas en xuvenil, que lle dá opción de ser convocada para ó mundial e Rocio Carbia na categoria xunior.
Dende a FGA queremos expresar a nosa felicitación a todos os integrantes da Selección pola súa extraordinaria campionato.

Compartir: