Con motivo da celebración do Campionato de España cadete e xuvenil e universitario de campo a través no Circuito da Torre de Hércules en A Coruña. A Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración co Concello da Coruña e Coca-cola, e baixo a dirección técnica da FGA organizan esta carreira popular destinada á promoción do atletismo entre os máis cativos. O circuito transcurrirá paralelo ao circuito de campo a través, haberá distintas carreiras para as categorías benxamíns, alevíns e infantís. Os tres primeiros clasificados terán unha medalla. As inscricións poden facerse ata o luns 5 de marzo no email info@cross galicia.com ou ata o martes ás 20:00 horas na web da FGA.para atletas con licencia federativa http://www.atletismogalego.com/fga/xestorxgd/