I Trofeo AURUM – Campionato Provincial de 10.000 metros

ImprimirO proximo domingo día 4 de marzo disputarase o I TROFEO CLUB DEPORTIVO AURUM, nas pistas “Josefina Salgado” no Complexo Polideportivo de Monterrei, no que se disputará o Campionato Provincial de 10.000 metros masculino e feminino.
Poderán participar atletas federados, con licencia en vigor para a tempada 2011/2012.
Disputarase o Campionato Provincial de 10.000 m.lisos nas seguintes categorías xunior, promesa, senior, veterán a (35 a 44 anos), veterán b (45 a 54 anos), veterán c (55 a 64 anos), veterán d (65 ou máis anos) e absoluta.
A entidade organizadora do Campionato Provincial de 10.000 m.lisos o Clube Deportivo Aurum, entregará medalla o vencedor de cada unha das categorías a disputar en categoría masculina e feminina e trofeo os tres primeiros clasificados do Campionato Provincial de 10.000 m.l. na categoría absoluta masculina e feminina.
Asemade, fora do campionato provincial, entregaranse premios os 3 primeiros clubes en categoría masculina e feminina, sumando os rexistros dos 4 primeiros integrantes do clube que cheguen a meta independientemente da serie na que
participen Regulamento

Compartir: