Belén Toimil, mínima para o mundial júnior en peso.

Belén Toimil (Praias de Castelló) tráese tripla satisfacción do nacional absoluto de Sabadell. Mellorar a súa marca supoñía en principio superar a mellor marca galega, e conseguir os 14.50 m de pase ao Campionato do mundo. Chegaron no segundo intento, con 14.67 m. Pero os 15.14 m do último lanzamento outorgáronlle ademais a medalla de bronce. Con toda a tempada por diante, a súa progresión está a ser espectacular. Repetirá internacionalidade, xa que o ano pasado foi dobremente convocada nas probas de peso e disco.

Compartir: