Resultados

Campionato Galego Promesa, xunior e xuvenil en pista cuberta

.Os Campionatos Galegos Xuvenil, Xúnior e Promesa disputados no Pazo dos Deportes de Riazor reflexa unha realidade prometedora en canto aos atletas xuvenís e juniors e unha escasa participación a nivel promesa.A primeira hora da mañá iniciábanse os Campionatos coa final delonxitude na que houbo un duelo destacado entre os atletas Iván Rodríguez e David Ferrer atleta promesa, o primeiro lograría un mellor salto de 6,93 e David Ferrer 6,87 m. O atleta xuvenil do Lucus, Pablo Modia vencería na súa categoría cun mellor salto de 6,47. Nas finaisde 50 m.l de novo os protagonistas serían Iván Rodríguez e David Ferrer que gañarían na proba júnior e promesa, vencendo nos 50 m.lxuvenís o atleta do Coruña Comarca Mauro Triana. Este mesmo atleta vencería nos 200 m.l cun rexistro de 23″96. Na proba dos promesas coaausencia de Rodrigo Avellaneda, o vencedor e un dos protagonistas do Campionato sería , David Ferrer que gañaría a sua final con 24.13 peroo mellor rexistro logrouno Carlos Moro do Club Riazor Coruña con 23″62 na proba júnior.

Mencion para o atelta do Suarez Marquier o atleta junior Iván Rodriguez Maceiras que resultó vencedor nas probas de lonxitude e 50 y se levou a plata en triple e altura ( ir a noticia completa) FOTOS

Nos 3.000 m.l masculino celebraríase unha final conxunta de todas as categorías, dende o inicio da proba o atleta do Celta de Atletismo,Pablo Regadas puxo un ritmo vivo distanciándose dos demais participantes, no ecuador da proba serían Javier Besada e Ayoub Nagihios que darían alcance ao primeiro atleta disputándose entre eles a vitoria, vencería Javier Besada atleta promesa sendo o primeiro xuvenil Ayoub Nagihi e Alejandro Álvarez o primeiro atleta júnior. Nos800 m.l un claro vencedor, cun bo rexistro, foi Francisco Díaz do Club Coruña Comarca, quen lograba de forma destacada a vitoria con 1’55″84 na proba júnior e promesa. Na final xuvenil tamén houbo un claro vencedor cun tempo de 2.02.5, en Miguel Otero Rey, do O.A.A.P. No resto de concursos masculinos celebrados pola mañá, de novo David Ferrer imporíase na pértega con 4.21 m. sendo o único atleta que superou a barreira dos 4 metros. Dous atletas do Sociedad Gimnásticade Pontevedra alzaríanse cos titulos júnior e xuvenil respectivamente, Sebastián Vieites e o seu compañeiro Tomás Almón. Na proba de peso vencerían en categoría xuvenil Pablo Castro con 15,36m. preto da súa mellor marca persoal e que permite pensar que chegaránun bo estado de forma ao Campionato de España Xuvenil que se celebrao próximo fin de seman, na proba júnior vencería Luis González con14,06 m. e en categoría Promesa Aaron Soto. Na proba dos 1.500 m.l o atleta do Coruña Comarca Sergio Rodríguez decidiu tirar do grupo sendo superado na metade da proba polo atleta do Narón Sergio Piñón, ambos atletas da categoría Xúnior, en terceira posición e primeiro promesa entraría o atleta do Marineda Atlético Abdelaziz Fatihi. Nos campeonatos femininos a mellor velocista de Galicia Patricia Carballo impúxose claramente nos 50 m.l e 200 m.l en categoría xuvenil, nos 50 cunha marca de 7″00 e en 200 m,l cun bo rexistro de26″56. No resto de categorías as vencedoras foron nos 50 m.l promesa Teresa Rodríguez e en xuniors Nerea Darriba do Lucus. Outra atleta doCoruña Comarca sería a protagonista no salto de lonxitude e triplosalto, Marta Lolo vencería ambas probas en categoría xuvenil. AliciaMerino tamén superou a barreira dos 5 metros en lonxitude que llevaleron para levarse o ouro na categoría Xúnior. En salto de altura,escasa participación con vitoría con 1,61m. da atleta júnior Ana Solla. Nos 800 m.l carreira en solitario de Iria Castro quen faría un tempode 2’16″28 na final xunior y promesa, na proba xuvenil vencería Laura Rosende do Ourense Academia Postal. Iria Castro lograría de novo avitoria nos 1.500 m.l (4’46″22) en categoría promesa sendo a xuvenil Carmela Cardama (4’49″05) do Comesaña, a segunda atleta en cruzar alíña de meta. Nos 3.000 m.l cun tempo de 11’10″89 a atleta Sandra Rodríguez se impoñía na final conxunta celebrada pola mañá vencendocon claridade. En valos as vencedoras foron Alicia Merino con 8″22 en xúnior e Elba Arias con 9″06 en promesa, sendo Aitana Leguicano con 8″54 a vencedora en xuvenís.Fixéronse co titulo en homes, Alexandre Solla con 8″16, Carlos Moro 7″31 e Adolfo Sainz con 7″11 en promesa,xúnior e xuvenil En 400 metros foron Alberto Chaves, Carlos Moro e Mario Becerra en homes; Nerea Darriba e Aida Amoedo. A categoria promesa quedou deserta.As úlimas probas en celebrarse foron o triplo homes onde Alberto Elena, Ivan Maceiras e Anxo Blanco foron os gañadores. A altura David Ferrer; David Barreira e Miguel Pérez, foron os vencedores nas distintas categorias. O peso de mulleres foi dominada por Lucia Seijo;Lida Bayón e Ana Izquierdo.Test importante para moitos dos nosos atletas xuveniles que se desplazarán o próximo fin de semana a Valencia a disputar o Campionatode España Xuvenil de Pista Cuberta . Resultados

Compartir: