Resultados

Campionato España Absoluto en pista cuberta : Virginia Villar,Solange Pereira,David Gómez,Begoña Garrido: Platas e Belen Toimil, Bronce

Comezou en Sabadell el Campeonato de España absoluto de pistacuberta, e nesta primeira xornada entraron en competición David Gómezdo RCC e Santiago Ferrer do SGP nas combinadas de Heptathlon.Tras a disputa das probas de 60, longitude,peso e altura, David marchaen segunda posición cuns parciais de 7’46” 6,85 13,93 e 1,88 cunha puntuación de 2.924 puntos. Os parciais de Santi foron 7’56” 6,2210,94 e 1,79 con 2.490 puntos, para a undecima posición.

II Xornada Sábado Tarde

Bo comezo na xornada de tarde coa vitoria de Virginia Villar na súaserie con 8’63” sendo a segunda mellor marca das participantes, o quevén a demostrar o bo estado de forma de Viki e a pon no camiño de medalla.Tamén se meteu na final Rodrigo Avellaneda nos 200 ao realizar na súa semifinal un bo crono de 22’21”, acercandose á súa mellor marca de 22’12” realizada no mesmo escenario no nacional júnior do 2010.Nos 1.500 de mulleres cúmprense prognostícos e as nosas dous representates, Solange Andreia Pereira e Leticia Fernández métense na final. Solange vence con autoridade na súa serie cun regitro de 4’34″85 e Leti tivo que forzar e conseguir un rexistro de 4.32.01(MMP) para acceder á final por tempos.Presenza de Begoña Garrido en 800 metros con 2’11″67, gañando a súaserie e con opcións de podio na final de mañá. Pechouse a xornada do sabado coa primeira medalla para os galegos acargo de Virgina Villar que logrou subirse ao podio, logrando amedalla de prata nos 60 valos cun rexistro de 8’69” superando o broncedo ano pasado en Valencia Viki que foi premiada pola FGA como mellor atletas galega da tempadapasada, esta relizando una grande tempada en pista cuberta

III Xornada Domingo

A terceira xornada deparou moitas satisfaccións ao atletismo galego.Os bos resultados comezaron na final dos 200 m, na que Rodrigo Avellaneda (COCO), correu nun tempo de 22’11” o que supón nova mellor marca galega Sub-23, marca que él mesmo puseia desde 2.010 en 22’12”..A primeira medalla do domingo chegou con Solange Andreia Pereira (Bikila) en 1.500 m, que obtivo a prata cunha marca de 4’30″24.Meritorio sexto posto para Leticia Fernández Barbosa (OAAP), con 4’35″38.A continuación disputouse o 800 m. feminino, coa participación de Begoña Garrido (ADM), que tamén se proclamou subcampiona, facendo un tempo de 2’09″89 e mellorando o bronce do ano pasado en 400 m. O heptathlon pechouse coa grande actuación de David Gómez (RCCV).Superando as súas propias previsións, levouse a prata engadindo áxornada de onte 4.60 m en pértega e un impresionante 1.000 m. E é quea calidade do céltico non está só nas súas calidades físicas senóntamén na súa mentalidade de gañador. Con 5.410 puntos quedouse a tansó 110 do Ouro. Santi Ferrer, en postos de finalista, foi un sétimo con 4.769 puntos, segundo en pértega con 4.50 m por detrás de Gómez e3º en 1000 m, outra das probas nas que destaca habitualmente.E a última hora chegou o bronce de Belén Toimil (Playas de Castellón),quen no seu sexto intento lanzou os 4 kg a 15,14 m, rexistrando mellor marca galega Sub -23, sendo ainda Xúnior, e quedando a escasos cm. do absoluto 15.31 m. de Ángeles Barreiro.A outra cara da moeda no campionato foi a dos saltadores. Con cinco galegos entre os participantes, ningún deles tivo unha actuación satisfactoria. A mala sorte cebouse con Alfonso Palomanes, que tivo que retirarse tras dous intentos con fortes dores, deixando a súa marca en 14.93 m. Tampouco Leticia Gil tivo o seu día, e o seu mellor salto foi de 5,52 m. Todos eles contan con méritos e proxección dabondo para seguir estando entre os mellores do panorama nacional,sen que os resultados dunha xornada sexan significativos.O balance final supera aos tres bronces do ano pasado e deixa asatisfacción dunha participación de calidade, que inclúe distintas disciplinas atléticas. Dende a FGA queremos felicitar a todos os nosos atletas polo gran campionato realizado. Resultados

Compartir: