Resultados

Real Club Celta de Atletismo: Prata en júnior homes e Franciscanos de Lugo. Bronce en cadete homes medallistas no Campionato de España de Clubs de Campo a Través.

Ultima Hora: Na localidade castellonenca de Oropesa del Mar, en
Marina D’or, celebrouse o Campionato de España de Campo a Través por Clubes, onde os representantes galegos conseguiron unha medalla de
prata na categoría xúnior de homes o Celta de Atletismo, cun equipo composto por: Carlos Porto (9º), David Santos (22), Gonzalo Basconcelo (28), Darío Soto (31), Álvaro Gamundi (77) e Ángel Fernández (89) ´
Na categoría cadete homes o Franciscanos de Lugo fíxose coa medalla de bronce, cun equipo composto por Miguel González, (quen resultou o gañador individual da proba) Iván Manso (10), Ivo Maseda (17), Adrián Diéguez (125), Miguel Escarda (165) e Saúl Jáuregui (171)
Nesta categoría o Val Miñor logrou unha interesante oitava praza,sendo o Ria Ferrol quen ocupou a 21 posición.
As mellores posicións a nivel individual correron a cargo de Carmela Cardama do Comesaña Sporting Club, logrando a segunda posición na categoría xuvenil mulleres. Logo cuarta praza para Jenny Fernández do Val Miñor en xúnior, onde o seu clube logrou tamén a cuarta posición por equipos.
Na carreira sénior longa de homes Manuel Ángel Penas Blanco fíxosecoa sexta posición. Ao igual que facía por equipos o Sociedade Gimnástica de Pontevedra no cross curto homes Resultados Actuacción Galega

Compartir: