IV Torneo de Lanzamentos. Torneo de calidade para comezar a tempada.

Non defraudou o nivel dos partcipantes no IV Torneo de Lanzamentos disputado en Pontevedra na mañá do domingo, conseguíndose marcas importantes en todas as modalidades e categorías. Esta competición é entrante do campionato galego de lanzamentos longos que se celebrará o próximo fin de semana en Balaídos.
A nota emotiva da xornada foi o recoñecemento ao labor do Padre Primitivo Simón, a quen a homenaxe pillou por sorpresa. O Padre Simón afirmou “ser feliz co sorriso dun neno cada vez que alcanza un novo logro”, e destaca “a importancia de traballar a base para que poida haber unha pirámide”.
Estreando marcadores, en lanzamento de disco, os 53.70 metros de Víctor Gallego (SGP) e 46.70 de Belén Toimil (PÁX. Castelló). Completou o podio dos mellores Adrián Estévez (S.N), con 45.63 m.
O mexicano José Lagunés enviou a xavelina a 73.50 m. En segundo lugar, Jesús Crossa, 66.04 m, seguidos polo portugúes Hugo Silva, 56.51 m.
O martelo pechou a xornada. Demostrando a súa progresión, Isaac Vicente(ADM) lanzou o artefacto de 7.260 kg a 67.53 metros. Pablo Denís(ADM) fixo un rexistro de 60.37 e Joao Alberto(Port), 59.13 m.
O triplete feminino con martelo de 4kg lo formaron novamente as céltico Sara Arosa, Laura Graña e Noelia Ferradanes.
Novas mínimas para os nacionais. En xuvenil, Sergio Paredes, martillo.Y en categoría cadete, Andrés García, disco e Gonzalo Brotóns e Víctor Pérez en martelo Resultados

Flor Currás

Compartir: