O Hotel Congreso de Santiago de Compostela acolleu no día de onte as distintas reunións dos órganos de goberno da FGA. As 10 da mañá inicíabanse as xuntanzas das Comisións de Atletas, Adestradores, Clubes e Xuíces. Posteriormente ás 11:00 horas tivo lugar a celebración da reunión Xunta Directiva e Comisión Delegada, nesta xuntanza tratáronse temas moi importantes como os orzamentos, as propostas presentadas polos asembleistas, as propostas das distintas comisións, o calendario de competicións, entre outros. A reunión tivo que parase ás 15:00 horas para xantar e continuou ás 16:30 horas ata as 17:35, hora de inicio da seguinte xuntanza, a Asemblea Xeral. Con respecto a esta xuntanza salientar que aprobouse por unanimidade de tódolos membros presentes a liquidación definitiva do ano 2010, a liquidación provisional do ano 2011 e o proxecto de orzamento do 2012. O presidente, D. Isidoro Hornillos destacou que a Federación Galega de Atletismo pode presumir dunha boa xestión económica. Maila época de crisis económica de moitas entidades e empresas, a FGA está obtendo importantes recursos que lle permiten ofertar un programa de becas para atletas de perto de 60.000 euros, convertíndose na única federación que dispón deste programa tan forte de axudas para atletas. Asemade salientar o seu programa de tecnificación a través do cal adestradores e clubes verán retribuídas a súa labor. Como novidade do calendario de competicións, aprobouse a celebración dun novo Campionato Galego, trátase da Copa de Galicia de Clubes de pista cuberta, a competición que xa existiu moitos anos atrás, organizarase novamente na tempada 2012/13 no mes de decembro-xaneiro, en función da disponibilidade da pista cuberta. Por último salientar que a FGA lanzará en breve un importante paquete económico para os organizadores de carreiras populares, recentemente adquiriu un sistema de xestión de carreiras por medio de chips, que sin lugar a dúbidas abaratará os costes da organización das carreiras populares incluídas no calendario oficial da FGA. Precidamente unha das propostas presentadas polos asembleístas xiraba en torno a este último aspecto, sinalando que a FGA debería adquirir un sistema así e ofrecer aos organizadores das competicións incluídas no calendario a posibilidade de contratación deste servicio. Outro aspecto a destacar do informe que emitiu o presidente ao inicio da Asemblea foi a gran cantidade de éxitos que acadou o atletismo galego na pasada tempada, con representación de atletas galegos en tódolos campionatos, medallas en distintos campionatos nacionais e a presenza de moitos atletas en eventos internacionais. Tamén salientou a gran labor de todo o equipo da federación que dedicando no seu tempo libre moitas horas xa conseguiu a produción e emisión de 41 programas de Televisión de Citius, Altius, Fortius, sendo tamén unha iniciativa da que soamente pode presumir a Federación Galega de Atletismo, e achegando así o noso deporte a todos os galegos, españois e persoas residentes noutros países.
O presidente da FGA desexa agradecer públicamente a labor de tódolos membros das distintas comisións e Asemblea que se achegaron ata Santiago a traballar intensamente para facer un atletismo mellor.