O Concello de Ourense volcase un ano mais na promoción do atletismo

Un ano máis o Concello de Ourense promocionará a práctica do atletismo a través do seu II Circuito de Carreiras Populares Correndo por Ourense. O circuito, que tivo a súa primeira experiencia no pasado ano 2011 contará ca organización de 7 eventos atléticos distribuídos en distintos meses e lugares da cidade. O Circuito comezará ca celebración da Carreira do 21 o día 22 de abril e culminará ca disputa da clásica Carreira Pedestre Popular do San Martiño o día 18 de novembro. Outros lugares que serán partícipes destes eventos son O Couto, A Ponte, a Universidade, a Carballeira e a nocturna. Todas estas probas populares cumplirán a normativa vixente establecida nos Decretos de Seguridade Vial, pola cal todos os organizadores de carreiras populares deberán contratar un seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes. Este último aspecto é moi importante pois ao marxen da sanción que pode ter un organizador por non contratar este seguro, está o risco da cobertura sanitaria para os participantes dese evento. Lembramos a todos os atletas populares que participen en probas deportivas celebradas na vía pública que poden esixir ao organizador que lle amosen a póliza contratada, pois teñen a obriga da súa contratación. A FGA froito desta preocupación ten un convenio cunha compañía de seguros a través da cal todos os organizadores que inclúan o seu evento no calendario oficial da FGA poderán disfrutar de prezos moi económicos na contratación deste seguro.

Póla túa saúde e póla túa seguridade cando participes nunha proba popular pregunta ao organizador póla póliza do seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil.

Compartir: