No control de marcas da Federación Galega celebrado o domingo no Palacio de
Deportes de Riazor en Coruña, o atleta da Sociedade Gimnástica, Víctor Galego, estableceu un novo tope autonómico na proba de lanzamento de peso con 17.13; o anterior record levaba vigente desde o
ano 2001, cando Oscar Fernández Martínez, en leste mesmo escenario, lanzou a bóla de 7 quilos e 260 gramos, ata os 16 metros e 82 .
Victor realizou unha gran serie de 15,88/16,44/17,12/16,56/17,13/16,86, excedendo ampliamente en dúas ocasións a barreira dos 17,00 metros, sendo o primeiro atleta galego en conseguilo.
¡enhorabuena¡ Resultados