Na tarde de hoxe inaugurouse Exporunning, un espazo de 1.000 metros cadrados situado na Casa da Auga. Alí instalarase unha zona de recollida de material, tanto para os participantes do Maratón A Coruña 42 como da carreira popular, onde se poderá conseguir dorsal, chip, camiseta e bolsa do corredor. Tamén haberá unha sala de conferencias, onde se impartirán charlas relacionadas coa posta a punto física e mental para o maratón.