Nova mellor marca galega de Belén Toimil en peso con 14,47 metros

O pasado sábado dia 11 na localidade portuguesa de Vila Nova de Cerveira , celebrouse a 3ª xornada de Lanzamentos.
Un nutrido grupo de lanzadores tomaron parte nesta xornada, sobresaíndo unha vez máis Belén Toimil que volveu mellorar a marca galega de lanzamento de peso de 4Kg., nas categoría junior e sub´23 cun lanzamento de 14,47 metros, referendando o seu gran estado de forma nesta tempada.
Belén tamén tomo parte en lanzamento de disco, logrando unha marca de 46,89 preto do seu mellor rexistro de 47,37 metros.
Lidia Fernandez, Adrian Estevez,Carlos Ferrer, José M. Almudi, Joaquin Muñiz, Maria Bayón, Sara Pazos, Maria Sio, Elena Estevez, Ana Esquerdo, tamén competiron en peso, disco e martillo Resultados

Compartir: