Campionato Galego Cadete: Iria Forjan, nova mellor marca galega en lonxitude con 5,61 metros

A xoven atleta cadete do Agrupación Deportiva Barbanza, Iria Forjan erixiuse na gran protagonista do Campionato ao mellorar a marca galega e lonxitude na categoría cun salto de 5,61 metros.
A anterior marca estaba en posesión de Erika Cerdeira do Atletismo Femenino Celta, en 5,44 m. dende xaneiro de 1995.
Iria se encontra nun gran momento de forma, segundo palabras do seu adestrador Abelardo Moure, polo que considera que é factible lograr mellorar a mellor marca nacional da categoría, que se encontra en 5,84 metros dende o ano 2002.
Este campionato resultou moi atractivo para todos, pudiendose ver a evolución dos nosos cadetes.
Os campións autonómicos foron:
50 m.l. Franciso Rodriguez – Riazor Coruña, e Iria Forjan – Agrupación
Deportiva Barbanza
300 m.l. Hector Rivas e Claudia Rojo – ambos do Ría Ferrol-Concepción Arenal
600 m.l. Noel Soto – Ría Ferro-Concepción Arenal- Ángela Gonzalez –
Comesaña Sporting Club
1000 m.l. Adrian Ben – San Fernando Lucus – Laura Santos – Agrupación
Deportiva Barbanza
3000 m.l. Ivo Maseda – Franciscanos de Lugo – Laura Méndez – Sociedad
Atlética Val Miñor
50 m.v. Alejandro Carricoba – Atletismo Cuntis – Claudia Rojo – Ría
Ferro-Concepción Arenal
Altura. – Darío Costas – Atletismo Morrazo – Saleta Fernández –
Atletismo A Gándara
Lonxitude. – Alejandro Carricoba – Atletismo Cuntis – Iria Forján –
Agrupación Deportiva Barbanza
Triplo. – Xosé M. Fernández – Agrupación Viguesa de Atletismo – Graza
Rei – Agrupación Deportiva Barbanza
Pértega.- David Maestro – Agrupación Viguesa de Atletismo – Lara
Carragal – Atletismo Morrazo
Peso. – Francisco J- Michinel – Ciman’s Coruña Comarca – María
Rodríguez – Club Atletismo Narón

Resultados

Nicolás Arrojo e Yolanda Gutiérrez, campións galegos absoluto de 3.000
metros en pista cuberta

Tamén co Galego Cadete, celebrouse o Campionato Absoluto de 3.000
metros, resultando gañadores dos mesmos,Nicolás Arrojo Fernández do
Sociedad Gimnastica de Pontevedra con un rexistro de 8’48″02 e María
Yolanda Gutiérrez Robles do Comesaña Sporting Club cunha marca de
10’08″50 neste seu estreno na pista cuberta.
Nicolás estivo acompañado no podio por os atletas do Club Atletismo Narón, Santiago García Rodríguez e Sergio Piñón Paz.
O podio en mulleres ao completo foi para o Comesaña Sporting Club,
pois acompañando a Yolanda estiveron a xuvenil Carmela Cardama Báez,
que fixo rexistro mínimo dabondo para seu Cto. de España (10’29″11) e
a veterana Mª Soledad Castro Soliño.Resultados

Compartir: