Xa te podes inscribir na II Milla contra a Fibromialxia

A Coruña volverá acoller o vindeiro día 13 de maio a Milla Contra a Fibromialxia. O evento está organizado pola Asociación Coruñesa de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple, en colaboración co Concello da Coruña e baixo la dirección técnica da Federación Galega de Atletismo. O evento enmárcase dentro das actividades feitas pola entidade dentro do día Internacional da Fibromialxia. Tódolos interesados xa poden inscribirse nesta milla homologada. Haberá distintas categorías, dende pitufos ata veteráns. Asemade pódese participar nunha marcha solidaria non competitiva e tamén poderase entregar un donativo á asociación para todas as persoas que non poidan participar, a través do Dorsal Cero. Inscríbete xa facendo click AQUI (Regulamento)

Compartir: