Resultados

Campionato de España Promesa: Leticia Fernandez, prata en 1500; Rodrigo Avellaneda, Santiago Ferrer e Leticia Gil bronces .- Leti nova mellor marca galega absoluta de lonxitude 5,91

Os días 11 e 12 de febreiro celebrose a edicion numero XXVII do
Campionato de España Promesa de Pista Cuberta, o lugar foi o Centro de Tecnificacion de Antequera. Galicia estivo representada por un total de 11 atletas, catro homes e sete mulleres.
Na xornada do sábado; A actuación máis destacada correu a cargo do atleta do Coruña Comarca Rodrigo Avellaneda que venceiu na súa serie de 200 metros con 22.34 e logrou meterse na final.
Polo que respecta ao resto dos galegos que competiron, Sandra Mosquera
e Esther Navarrete tomaron parte na final 3000, logrando a cuarta e septima posición cuns rexistros de 9.51.29 e 10.10.20.
Tamén interviron Iria Rodríguez en 800 ,Francisco Díaz en 1500 e Teresa Rodríguez en 60 valos, non logrando entrar nas finais ao facer uns rexistros de 2.27.36, 4.03.61 e 9.43 respectivamente.
En combinadas a atleta do San Fernando Lucus, Lucía Seijas, tivo que retirarse debido a unha lesión, disputando soamente a proba de valos.
Pero era a xornada do domingo, a que deparaba as alegrias e bos resultados para o atletismo galego. O promesa Roi Abellaneda do Coruña
Comarca, conseguiria a medaia de bronce nos 200 metros lisos cun tempo
de 22,29, a pesares de que, segun palabras do seu adestrador Carlos Tuñas, “facia moito frio e a pista é moi lenta”.
Nas probas masculina tamen subiria ao podio, Santi Ferrer do Sociedad Gimnastica de Pontevedra ao quedar terceiro en Heptathlon con 4775 puntos, nesta disciplina tamen estaba David Ferrer do Adas-Proinor, que consiguiu a oitava posición.
En mulleres, o atletismo galego tamen lévase dúas medallas, unha de prata, a de Leticia Fernández do Ourense Atletismo Academia Postal cun tempo de 4.41.48
Outra boa para o atletismo galego foi a de Leticia Gil do Adas-Proinor, que non só logrou o bronce en salto de Lonxitude, senon que a mais logrou a mellor marca galega absoluta, cun salto de 5,91 metros , arrebatandolla a Ana Peleteiro que o batera fai duas semans.
Excelente actuación destes promesas do noso atletismo .. Resultados

Compartir: