Hoxe comunicáronnos dende Ourense o falecemento do pai de Agustín González (ADAS). Sen dúbida algunha un golpe duro para toda a familia de Tinín. Dende a Federación Galega de Atletismo aunámonos no seu inmenso dor e transmitímoslle a Agustín e toda a súa familia o noso apoio nestes momentos tan duros. O acto funeral terá lugar mañá a tarde na localidade da Rúa.