Continua imparable a progresión de Belén Tomil, no seu primeiro ano na
categoría junior, e este sábado volveu demostrar as súas calidades.
Belén competiu no control nacional de lanzamentos da RFEA en León , competindo na proba de disco, facendo unha serie de x/x/47,37/44,48/45,77/45,03. Logo dos dous nulos iniciais no seu terceiro
intento logrou 47,37 metros, logrando bater a mellor marca galega anterior de 46,82 de Angeles Barreiro que estaba en vigor desde o ano 1981 Resultados