A Gala Anual do Atletismo Galego terá lugar hoxe a partir das 20:30 horas en Cerceda

O atletismo galego vístese de gala. Hoxe ás 20:30 horas celebrarase no Auditorio Municipal de Cerceda a Gala Anual do Atletismo Galego. Máis dun centenar de atletas, xuíces, adestradores e clubes serán distinguidos pola Federación Galega de Atletismo polos méritos acadados na tempada pasada 2010/11. Espérase un cheo no aforo do evento así como a presencia de numerosas autoridades locales e autonómicas.

Prégase a todos os convidados que se presenten na instalación 15 minutos antes para sentarse según o protocolo establecido. A Federación Galega de Atletismo desexa agradecer publicamente ao Concello de Cerceda a súa amabilidade e acollida deste evento.

Compartir: