Fantástica actuación da Sociedade Gimnástica de Pontevedra na Copa do Rei. O club galego rematou a competición disputada en Valencia nun extraordinario 4º posto. Diante do mesmo, coparon os primeiros postos equipos que gozan dun gran nivel e prestixio como é o Praias de Castellón, o F.C. Barcelona e o Porto de Alicante. O equipo blanquiazul levaba importantes baixas na súa estructura, mais aínda así poido superar a equipos tan competitivos como o Maratón, Nerja, Tenerife, Caja Canarias e Cataluña. Salientar a actuación de Jean Marie Okutu que fixo un mellor salto de 7,48 metros, rematando en segunda posición. Noraboa! Resultados