Fantástica xornada de campo a través no Circuito do Monte do Gozo. O bo tempo acompañou neste campionato galego que tiña lugar esta mañana en Santiago de Compostela. Maila baixa temperatura e a dureza do circuito os atletas galegos deleitaron ao público asistente cun excelente nivel e participación dos mellores especialistas en campo a través. O concelleiro de deportes D. Adrián Varela confirmou que as intencións do concello é apoiar a este deporte e sen dúbida algunha promover o uso deste circuito de campo a través.
A carreira absoluta masculina e feminina acapararon un gran protagonismo. No trocante á masculina, formouse un grupo de atletas que impuxeron un forte ritmo, neste selecto grupo estaba presente Pedro Nimo, Manuel Penas e Hassan Leikili, nos últimos metros foi Manuel Penas quen comezou a impor todavía mais un alto ritmo de carreira, entrando na meta en primer lugar, seguido de Pedro Nimo, quen fixo unha excelente carreira, e Hassan Leikilin outro dos grandes atletas de cross e ruta. Cabe destacar a volta á competición de Alejandro Fernández, ex atleta internacional que trala súa incorporación de novo ao atletismo acaparou un fantático 4º posto que lle asegura a súa integración no equipo galego no vindeiro Campionato de España de Campo a Través a disputar en Gijón.
A carreira absoluta feminina tamén foi merecedora de grandes eloxios, Solange Pèreira a recente Campiona Galega de 1500 tamén quixo amosar o seu dominio no cross, impoñéndose cunha gran seguridade e forza ante rivais moi importantes. E a verdade e que esta atleta recentemente federada por Galicia non deixa de demostrarnos o seu virtuosismo neste deporte. Solange estivo acompañada no podium por Estefanía Dominguez (2º) e Erea Rodríguez Ponte.
Na categoría junior victoria para Carlos Porto do Real Club Celta de Atletismo e Jenny Fernández da Sociedade Atlética Val Miñor, quenes amosaron un excelente nivel de forma. No trocante á categoría promesa, magnífica victoria de Sandra Mosquera que estivo escoltada no podium pola viguesa Esther Navarrete. En homes triunfo para Uxío Abuín do Club Atletismo Sar, e subcampionato para Manuel Martínez Ageitos da Sociedade Gimnástica de Pontevedra.
Por clubes o Academia Postal en homes eo Comesaña Sporting Club en mulleres foron os vencedores Resultados