Absolutos de Pista Cuberta: Unha fantastica Ana Peleteiro, bate as mellores marcas galegas absolutas de triple e lonxitude.

O Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta tivo un nome propio: Ana Peleteiro, a medallista no Campionato do Mundo Xuvenil celebrado o ano pasado en Lille (Francia) bateu no desenvolvemento dos Campionatos Galegos o record de salto de lonxitude con 5.87 e o de triplo salto con 13.04. Ausencias importantes nalgunhas probas como Rodrigo Avellaneda, Virxinia Villar ou Jean Marie Okutu, non obstante a igualdade nalgunha das probas converteu o Campionato nunha xornada atractiva e disputada. Sobre a pista atletas importantes como Solange Pereira, Alfonso Palomares, Victor Gallego e David Gómez entre outros.
A xornada da mañá iniciouse coas probas de velocidade na que destacamos a importante participación na proba masculina dos 50 m.l. Nesta proba tras correr eliminatorias, semifinais e final o vencedor foi Pablo Comendador cunha marca de 6.20 sendo disputadisima a medalla de prata entre Pablo Lado e Maximiliano Rodríguez ambos con 6.25. Na proba de 200 m.l sen a presenza de Rodrigo Avellaneda e Jean Marie Okutu mellores marcas da tempada a vitoria foi para o atleta xuvenil do Coruña Comarca Mauro Triana con 23.61. Os 400 m.l foi unha das probas máis disputadas da xornada coa vitoria de Juan José del Rio con 52.67, prata para o atleta veterano Roberto Faya con 52.76 mesma marca que o terceiro clasificado Alberto Chaves.
Nas probas de medio fondo houbo un claro protagonista, Fran Diaz impoñeríase na xornada da mañá na proba de 1500 m.l cun tempo de 4.03.10 e pola tarde nos 800 m.l con 2.01.97. David Gomez ampliaria o seu palmarés en Campionatos Galegos con dous oros en 50 valos e pertiga por diante en ambas probas de Santiago Ferrer e cun bronce no peso. Nesta proba sensacional Victor Gallego da Sociedad Gimnástica de Pontevedra cun mellor lanzamento de 16.66. En salto de lonxitude a vitoria foi para Javier Rosales con 6.82, en salto de altura David Barreira con 1.95 altura franqueada tambien por Miguel Pérez e en triplo salto venceu Alfonso Palomares con 14.86 lonxe do seu mellor rexistro.
En mulleres destacamos a actuación de Ana Peleteiro en triplo salto e en lonxitude, nesta proba a medalla de prata foi para Leticia Gil cun salto excepcional de 5.83. A sorpresa da xornada estivo nos 50 m.l onde venceu Laura Chapela atleta cadete do Club Atletismo Morrazo coa mesma marca que Patricia Carballo 6.99, o bronce foi para Iria Forján. Candela Diaz do Ria Ferrol non tubo rival na proba de 200 m.l vencendo con 26.76. Nos 400 m.l a favorita a priori Esperanza Caldas viuse sorprendida pola sua compañeira de equipo Lidia Casal que venceu con 1.00.86. Nas probas de medio fondo destacar o 1500 con atletas importantes que non defraudaron impoñendo un ritmo forte dende o inicio, venceu Solange Pereira con 4.25.89 sendo segunda cunha gran marca Leticia Fernández con 4.32.20 o bronce foi para outra atleta de calidade como é Sandra Mosquera. Nos 800 m.l Iria Castro non encontrou oposición nas suas rivais e entrou en meta con 2.19.05. En 50 valos Enma Valencia foi a vencedora con 8.14, a pupila de Nacho Rego, logra o seu primer campionato autonomico absoluot, Elena Estevez en Peso con 11.22 coa ausencia de Belén Toimil ,en salto de altura Paula Ferreiros cunha marca importante de 1.73 e na pertiga Lucia Ferreiro con 3.30
En resumo a pesar da escasa participación nalgunhas probas, da ausencia dalgun dos nosos atletas máis destacados o Campionato permitiu ver o excepcional estado de forma dalgúns atletas e permite ser optimistas de cara aos distintos Campionatos Autonómicos e Nacionais que se desenvolverán nos meses de febreiro e Marzo.Resultados

Compartir: